Prezos

Prezos de topografía e catastro en Galicia

En O Marco Topografía ofrecemos servizos de topografía e catastro en Galicia con prezos claros e explicados dende o primeiro momento. Aquí podes ver unha selección de tarifas orientativas para consultas, tramitacións catastrais e traballos con medición en campo.

Cada finca e cada situación é distinta, polo que estes prezos son unha referencia para que saibas en que rango te moves. Para un orzamento personalizado, adaptado ao teu caso concreto (segregacións, discrepancias entre Catastro e escritura, coordinación rexistral, etc.), podes contactar connosco sen compromiso.

CONSULTA BÁSICA
0€
Dúbida sinxela, sen compromiso
Revisión rápida do teu caso (ata 15 minutos) en oficina, por teléfono, email ou WhatsApp. Servizo gratuíto e sen ningún tipo de compromiso.
Ata 15 minutos de revisión do caso
Ideal para aclarar dúbidas sinxelas
Atención por teléfono, videollamada, email ou WhatsApp
Orientación sobre o seguinte paso a seguir
Sen custo e sen compromiso
Non inclúe análise detallada nin revisión extensa de documentación
*Prezos sen incluír IVE
Solicitar consulta básica
CONSULTA AVANZADA
dende
30€
Casos complexos ou con documentación
Cando o teu caso require máis tempo, análise técnica ou revisión de documentación. Os 30 € descóntanse do prezo se finalmente facemos o traballo.
Análise detallada da situación catastral ou da propiedade
Revisión de planos, documentación e alternativas
Explicación das opcións dispoñibles e pasos a seguir
Informe ou resumo das conclusións da consulta
Importe descontable se se encarga o traballo posterior
*Prezos sen incluír IVE
Reservar consulta avanzada
TRAMITACIÓN CATASTRAL SEN MEDICIÓN
dende
60€
Cambios sinxelos en Catastro
Xestión completa de cambios de titularidade e correccións simples que non requiren medición nin plano
Cambios de titularidade en Catastro
Correccións de datos básicos (uso, enderezo, etc.)
Presentación telemática das solicitudes
Seguimento ata a resolución
Asesoramento en caso de requirimentos adicionais
*Prezos sen incluír IVE
Encargar tramitación

TRABALLO CATASTRAL CON MEDICIÓN
dende
300€
Medición en campo + planos + xestión completa
Levantamento topográfico da parcela, elaboración de planos e tramitación da modificación catastral. Prezo final segundo tamaño e complexidade.
Medición en campo con equipamento topográfico profesional
Elaboración de plano e representación gráfica alternativa (IVG)
Informe técnico asinado por enxeñeiro en xeomática e topografía
Presentación e seguimento perante Catastro
Asesoramento en coordinación con notaría e rexistro, se é preciso
*Prezos sen incluír IVE
Pedir orzamento
LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO + MDE, curvas de nivel
dende
300
Ideal para arquitectos, técnicos e administracións.
Levantamento topográfico completo do terreo, con planimetría, altimetría, curvas de nivel...
Medición con GNSS/estación total de alta precisión
Curvas de nivel cada 0,1 metros ou segundo requirimentos
Modelo Dixital do Terreno (MDT/MDE)
Planimetría detallada: edificacións, muros, accesos e servizos
Superposición con ortofoto oficial (PNOA/SIXPAC)
Integración co planeamento urbanístico (PXOM) se é necesario
Entregas profesionais en DWG, DXF, SHP ou PDF
Orzamento final segundo tamaño, accesos e vexetación
*Prezos sen incluír IVE
Solicitar orzamento
REPLANTEO DE OBRA
dende
200
Aliñacións, eixes e puntos de referencia
Replanteo profesional en obra para cimentacións, divisións interiores, aliñacións ou puntos críticos do proxecto.
Replanteo con GPS ou Estación Total
Marcas e puntos físicos en obra
Plano ou informe de replanteo
Ideal para arquitectos, enxeñerías e construción
Prezo variable segundo complexidade e desprazamento
Encargar replanteo

OUTROS SERVIZOS PROFESIONAIS
Servizos técnicos personalizados
Realizamos outros traballos técnicos de topografía, catastro e consultoría, sempre con orzamento personalizado segundo o caso.
✅ Segregacións e agrupacións de parcelas
✅ Informes de validación gráfica (IVG) e representación gráfica alternativa
✅ Coordinación Catastro–Rexistro
✅ Certificados de superficie
✅ Informes técnicos para arquitectos e enxeñerías
✅ Discrepancias catastrais e corrección de erros
✅ Medicións de fachadas, interiores e contornos
✅ Parcelacións urbanísticas (PXOM)
➡️ Se o servizo que necesitas non aparece listado, podes consultar connosco sen compromiso. Prepararemos un orzamento axustado ao teu caso.
Contacta con nós

Preguntas frecuentes sobre prezos de topografía e catastro

O prezo é sempre o mesmo para todas as fincas?

Non. Os prezos desta páxina son orientativos. Cada finca ten as súas características (tamaño, accesos, pendente, situación catastral, etc.), polo que sempre faremos un orzamento personalizado antes de comezar o traballo.

Que inclúe un traballo catastral con medición?

Inclúe o levantamento topográfico en campo, a elaboración dos planos, a representación gráfica alternativa (IVG) e a xestión da modificación catastral, así como o seguimento do expediente ata a súa resolución.

Podo comezar cunha consulta sinxela antes de encargar un traballo grande?

Si. Precisamente por iso ofrecemos a consulta básica gratuíta e a consulta avanzada. Serven para revisar o teu caso, aclarar dúbidas e explicarte as opcións antes de que tomes unha decisión.

Traballades só na zona de Vimianzo ou en toda Galicia?

O noso ámbito principal é a Costa da Morte e a provincia da Coruña, pero podemos valorar traballos noutras zonas de Galicia segundo o tipo de servizo.

Se queres saber canto che pode custar o teu caso concreto, envíanos a información básica da finca (referencia catastral, localización e unha breve descrición do problema) e prepararémosche un orzamento detallado sen compromiso.

Scroll al inicio